Fotos da novena edición

Fotos: X.L. Novo

Publicado en microfest | Etiquetado , , , , , , , , ,

Carmona únese ao cartel de Microfest

Carmona únese ao cartel de Microfest. O recoñecido artista acompañará a Darmo na súa actuación do venres 18 e descargarán na sala Capitol o mellor rap feito en Madrid da man do selo A13 Records.

Os comezos de Carmona no hip hop remóntase aos anos 80, empeza co grafitti nas rúas e pronto adquire relevancia como MC. O seu último traballo é “Actitude Salvaxe” (A13 Records, 2010).

Este venres en Microfest a crew madrileña de A13 (Darmo + Carmona) , xunto ao esperado regreso dos mallorquinos La Puta Opepé e o rapero compostelán Erin (Comando Katana), na gran festa do hip hop en Galicia.

Publicado en microfest | Etiquetado , , , , , , , , ,

Galicia Flow TV estrea con Microfest

Galicia Flow e Pixel Bros están a preparar o que será Galicia Flow TV, un programa dunha hora de duración sobre a actualidade do hip hop en Galicia.

O primeiro programa rodarase este fin de semana en Microfest, con entrevistas a Nach, La Puta Opepé, Kaixo Sama vs Elecesar, Erin e Darmo. E ti tamén podes participar enviando as túas preguntas a través da web www.galiciaflow.com, con flamantes novidades, ou da imaxe:

Publicado en microfest | Etiquetado , , , , , , ,

After party Microfest

O sábado 19, despois dos concertos de Nach e Kaixo Sama vs Elecesar na Sala Capitol, haberá festa no club La Radio (Praza de Abastos, 4) con Karmasound, Save Our Souls da crew Banana Bahia Music, DJ Webo e DJ Cro.

Sorteo de roupa entre os asistentes cortesía da tenda Cultura Urbana.

Publicado en microfest

Bono Microfest á venda ata o 4 de novembro

Esta semana aínda podes mercar a entrada válida para os dous días de festival. A venda do bono para Microfest por 20 € (+ gastos de distribución) estará activa ata o venres 4 de novembro.

Publicado en microfest | Etiquetado , , , , , , , , , ,

Nach estrea o videoclip de “Los Elegidos”

Nach estrea o videoclip de “Los Elegidos” realizado co video artista madrileño SUSO33.

Este video é máis que un videoclip. Á forza do tema interpretado por Nach, Talib Kweli y Akhenaton únese a emoción do video arte.

“Los Elegidos” é unha obra de arte do século XXI.

Publicado en microfest | Etiquetado , , , , , , , , , , ,

Nach nomeado aos premios MTV e banda sonora de Verbo

Nach é o compositor do tema principal da esperadísima Verbo, la película, dirixida por Eduardo Chapero-Jackson, que se estreará o 4 de novembro.

Por outra banda, o alacantino foi nomeado aos premios MTV European Music Awards 2011, na categoría de Mellor Artista Español.

A xira “Mejor que el silencio” comezou o pasado 30 de setembro en Alacante, e o sábado 19 de novembro chegará a Santiago DC.

Neste vídeo Nach responde a diversas preguntas sobre a xira, a súa colaboración en Verbo e demáis proxectos, plantexadas a través das redes sociais:

Publicado en microfest | Etiquetado , , , , , | Deja un comentario