Nach presenta en directo “Mejor que el silencio”

NACH
Nach é un dos pratos fortes de Microfest, no que presentará o seu novo disco “Mejor Que El Silencio” que contén 17 cancións puídas até o mínimo detalle cargadas de emoción e intelixencia, un traballo co que o alacantino se supera unha vez máis. Neste quinto disco Nach mostra de novo a súa proverbial mestría na composición coa elocuencia das súas metáforas actuais e vivas, o seu vigoroso uso do léxico e os seus malabarismos poéticos.

Nach segue a demostrar que está no cume do hip hop pelexando entre os máis vendidos, leva máis de 19 semanas consecutivas nas listas de vendas, e ten unha das xiras máis extensas deste ano.

Esta entrada fue publicada en microfest y etiquetada , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.