O regreso de La Puta Opepé

La Puta Opepé

Microfest contará cun dos regresos máis esperados con La Puta Opepé, unha formación necesaria para entender as orixes do dancehall en castelán. Con todos os seus membros orixinais (Paddy Paquito aka o Xarro de las Calaveras, o Xino aka Golpessito e Mr. Beat, El Hermano L, Biyi e Don Manolo), La Puta Opepé retoma os escenarios coa mesma enerxía que lles fixo triunfar a finais do noventa con cancións como “Don Simón”, “Escupe la flema”, “Mallorka es Fonki”, “Jose Mari” ou “Batalla de Cazalla”. Descaro, enerxía e boa música a partes iguais.

Esta entrada fue publicada en microfest y etiquetada , , , , , , , . Guarda el enlace permanente.