Darmo presenta en Microfest o seu novo álbum “Un Camino Inestable”, no que o madrileño depura ao máximo o seu estilo único nun disco orixinal, cheo de forza, sentimento e novos estilos. Froito do traballo constante e o absoluto compromiso de Darmo, nace este disco onde hai cabida para a realidade da rúa e un inesgotable espírito de loita e esperanza.
“Un camino inestable” está colmado de colaboradores e produtores que fan que a súa escoita vaia crecendo ata o final.





