Watios en Microfest X

Watios é unha formación de hip hop de A Coruña en activo dende finais de 2005 e integrada por Judah (DJ/beat maker) e Sago (MC), ambos pertencentes ao colectivo Norweside. Nestes anos publicaron 5 traballos: “Segunda línea” (2005), “Pura Sangre” (2007), “Groovin’” (2009), “Checkealo EP” (2010) e por último un bootleg que recibe o nome de “Monkey See, Monkey Do” (2012).

Watios consolidouse como un dos grupos referentes da escea hip hop galega. Con “Checkealo EP”, de son soulero moi clásico e algunha referencia aos 80’s, lograron repercusión na maioría de medios especializados nacionais. Durante os últimos dous anos non deixaron de actuar tanto en Galicia como nas principais cidades do estado.

Chegan a Compostela para ofrecer en directo, xunto a Ponte, os temas de “Monkey See, Monkey Do” e adiantar algúnha composición do seu próximo disco, previsto para 2013.

Anuncios