96ers en Microfest X

96ers (Ninetysixers) comezan en Ourense en 2008 cando a inquedanza musical destes rapers foi crecendo de tal xeito que pronto tiveron a necesidade de crear un estilo persoal, afastado de ritmos alleos dos EUA. O productor Carlito Sound propociónalles o son máis sucio de Galicia, e os atrevidos MCs Lirone Snake, El Hiro Fresh e Ze Verona completan unha formación que destila ritmos duros e aires hedonistas.

96ers caracterízanse por unha potente posta en escea, acompañados polo MC dominicano Big Nando. En Microfest X presentarán o seu último traballo, “Esto sucedió”, dispoñible online na canle de YouTube de Special Edision.

Anuncios