Toteking & Shotta en Microfest X

Toteking & Shotta comezan en Microfest a xira de presentación do seu novo álbum “Héroe” (Sony Music/Octubre).

Unha década despois do seu primer traballo conxunto “Tu madre es una foca”, os irmáns sevillanos voltan a reunirse para entregar un novo álbum cargado de versatilidade, grandes bases e rimas onde retoman a retranca dos seus inicios. O disco, titulado “Héroe”, conta con colaboracións de Kase.O, Fyahbwoy ou Gordo Master, e produccións de beat makers nacionais como Griffi, Cookin’ Soul, Frank T e internacionais como Nottz ou iLLmind.

ToteKing é unha das mentes máis incisivas do rap, de espírito crítico e rimas afiadas, cun estilo afastado dos tópicos, Tote ten 5 elepés publicados e varios maxis, ademáis do mítico álbum “Tu madre es una foca” xunto ao seu irmán Shotta, e co que agora presenta o novo traballo “Héroe”.

Tras actuar recentemente en Uruguai, Arxentina e Chile, Toteking & Shotta comenzan en Compostela a xira de presentación de “Héroe”, que sairá á venda o 30 de outubro, e do que nos irán adiantando algúns temas mediante videoclips. Xa está dispoñible o primeiro single “Mi Política”.

Anuncios