Toteking & Shotta presentan novo videoclip “Sanse”

Toteking & Shotta presentan o single e o video de “Sanse”, segundo adianto do novo álbum “Héroe”, que estará á venda o 30 de outubro e que presentarán en directo en Microfest X, o 16 de novembro.

Con un beat de Frank T, un dos seus clásicos experimentos con beats futuristas e música clásica, os irmáns de Sevilla amosan o flow máis arrollador e clavan rimas repletas de inxenio sobre unha base que combina a delicadeza melódica dos violíns cun ritmo robótico aplastante.

O tema “Sanse” está masterizado a 24 bits, a calidade de son máis óptima para escoitalo en reprodutores de mp3 e ordenadores, e é o primeiro artista de hip hop nacional que lanza os seús singles e álbum con esta calidade de masterización.

O videoclip é unha produción de LPG Producciones, dirixido e realizado por Jose Lluch e Iván Belinchón.

 

Anuncios