Video de Dj Mil na festa de presentación de Microfest X

Xa está disponible o set que Dj Mil (organizador do Animal Deejays, terceiro posto DMC Asturias 2009, concursante no Red Bull Thre3style 2012,…) realizou na presentación de Microfest X o pasado 21 de setembro.

Dj Mil Microfest X

Neste set, Mil presenta unha viaxe musical no tempo de adiante atrás: desde o dubstep aos breaks máis clásicos, todo salpicado de turntablism. No 2012 foi a décima edición de Microfest e contou cos artistas Tote King & Shotta, Swan Fyahbwoy, Iván Nieto, Alberto Gambino y Kung Fumetas, 96 Sixers e Watios.

A actuación de Dj Mil está dispoñible en youtube en calidad HD 1080p

Anuncios